Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 04 de xaneiro de 2002 Páx. 122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T. ó C.T. do Mato, no concello de Pantón, e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 3/2000 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, as que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

Petición: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Finalidade: adecuación das instalacións de distribución de enerxía eléctrica existentes na zona.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. a C.T. cerámica-Ferreira e remate no C.T. existente do Mato de 1.231 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón e metálicos en conductor LA-56.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente

ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no que non se opoñan a ela, nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto e o seu modificado de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966,

podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 15 de novembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 03/2000 Provincia: Lugo

L.M.T. a C.T. O MatoTermo municipal: Pantón

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

3O VeliñoMonte altoJosé Ramón Incio BalboaEstr. de Ourense, 107

27430 Ferreira de Pantón (Lugo)

70833

3/1O VeliñoLabranzaJosé Ramón Incio BalboaEstr. de Ourense, 107

27430 Ferreira de Pantón (Lugo)

10

3BO VeliñoMonte altoJulio González LópezEstr. de Ourense, 87

27430 Ferreira de Pantón (Lugo)

2224384

5O VeliñoMonte baixoJosé Arias FernándezEstr. de Ourense, 127

27430 Ferreira de Pantón (Lugo)

24240

6O VeliñoLabranzaJesús Fernández FernándezEstr. de Ourense, 112

27430 Ferreira de Pantón (Lugo)

3163630

8O VeliñoMonte baixoJosé Arias FernándezEstr. de Ourense, 127

27430 Ferreira de Pantón (Lugo)

3152500

8/1O VeliñoMonte baixoJosé Arias FernándezEstr. de Ourense, 127

27430 Ferreira de Pantón (Lugo)

22

18BaliñoCarballeiraMª Dolores Gulleda VázquezEstr. de Ourense, 44

27430 Ferreira de Pantón (Lugo)

7128448

19BaliñoCarballeiraMª Dolores Gudella VázquezEstr. de Ourense, 44

27430 Ferreira de Pantón (Lugo)

54864

20BaliñoCarballeiraMª Dolores Gudella VázquezEstr. de Ourense, 44

27430 Ferreira de Pantón (Lugo)

8250800