Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: liña Cero subs. San Marcos-Cr. Sigrás.
Situación: Oleiros, Cambre e Culleredo.
Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 15/20 kV de 4.452 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm Al, coa orixe na subestación de San Marcos e final no centro de reflexión de Sigrás. Concellos de Oleiros, Cambre e Culleredo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.
A Coruña, 20 de novembro de 2001.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións