Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 04 de xaneiro de 2002 Páx. 121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/470).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Alcalde Usero, s/n.

Situación: Ferrol.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 15/20 kV de 65 m de lonxitude e conductor R.H.V. de 240 mm Al, coa orixe na L.M.T. do C.T. rúa Pontevedra a Bazán, 1, e final no C.T. rúa Alcalde Usero, de 400 kVA tipo manobra exterior. Concello de Ferrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 20 de novembro de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións