Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 04 de xaneiro de 2002 Páx. 117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 29 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (José Antonio Orois Fernández e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria,

segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regula o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo no edificio da Consellería de Economía e Facenda de San Caetano, soto, en Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas de luns e venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2001.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

InteresadoCIFEnderezoProcedementoProvidencias

José Antonio Orois Fernández35.293.433-WLugar de Pride nº 28-Cerponzóns 36152 PontevedraResolución recurso de reposición dilixencia de embargo96000126990

98270070305

98360169402

97360109044

Innograf, S.L.B-15.386.345Estrada de Castela, nº 300,

15404 Ferrol

Resolución recurso de reposición dilixencia de embargo97150050041

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA