Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 04 de xaneiro de 2002 Páx. 116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 21 de novembro de 2001, do recadador de zona da Coruña, polo que se relacionan dilixencias de embargo pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (Boullosa Traba, Plácido e sete máis).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio deste anuncio, comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra os debedores que se sinalan na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. Nos devanditos expedientes practicouse a dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores; dilixencia que non lles puido ser notificada ós interesados malia os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.

Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, emprázanse os interesados, ou os seus representantes, para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, r/ Comandante Fontanes 17-1º A) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 21 de novembro de 2001.

Nazario Villalva

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

Interesado

NIF

Data

dilixencia

Descrición do ben

Boullosa Traba, Placido32887719L18-10-2001Ciclomotor-Fisterra

93CIC3800002

Boullosa Traba, Placido32887719L18-10-2001Ciclomotor-Fisterra

93CIC3800082

Electronicos Ferrol, S.L.B1520984418-10-2001Garantía nº 126011991 Dir. Xeral Int.

Onza de Oro, S.A.A150153652-11-2001Vehic. C-3719-AK Jaguar Xjs

Toca Carus, Alberto32641471D10-11-2000Vehic. C-5576-AX Seat Ibiza 1.5

Vázquez Carro, Antonia32320555N25-10-2001Predio nº 70186 Reg. A Coruña nº 2

Vázquez Carro, Antonia32320555N25-10-2001Predio nº 70188 Reg. A Coruña nº 2

Vázquez Carro, Antonia32320555N25-10-2001Predio nº 70190 Reg. A Coruña nº 2