Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 03 de xaneiro de 2002 Páx. 83

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 3 de decembro de 2001, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador PESAN1 1999/002135-1.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as resolucións de recursos de alzada dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99 do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial da Coruña, Ramón y Cajal, s/n, 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 1999/002135-1.

Denunciado: Miguel Ángel Martínez Marcos.

DNI: 11360081.

Enderezo: r/ Deja-Alba. Lorbe-Oleiros.

Precepto infrinxido: 6.7º.

Sanción: 35.000 ptas./210,35 A.

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución contra a que se recorreu.

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na c/c nº 311.000.174/2 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal da Coruña, título da conta «Tesouro da Facenda Galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións», nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non seren aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

A Coruña, 3 de decembro de 2001.

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña