De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 8 de outubro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro, esta dirección xeral
RESOLVE:
Aproba-las listas provisionais de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), especialidade de museos.
A lista de aspirantes admitidos estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia Relacións Institucionais e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.
Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.
Así mesmo, publícase a lista de excluídos, que figura como anexo a esta resolución.
Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, para emenda-lo defecto que motivase a exclusión.
Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non corrixan os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídos.
Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo, co obxecto de formular reclamación.
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2001.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Nome DNI Exclusión
Alonso Cameselle, Lucía 36158900 55
Lampón González, Rocío 33259572 21
López Alonso, José 32681093 53, 55
López López, Yolanda 44807246 51
Pérez Ramil, Ernesto 32797641 20
* Causas de exclusión.
20: taxas baremo non aboadas.
21: importe taxas ingresadas inferior ó estipulado.
51: Instancia incorrecta (falta de sinatura).
53: falta do DNI ou DNI incorrecto.
55: non cumpri-lo requisito de titulación.