Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 03 de xaneiro de 2002 Páx. 54

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), especialidade de bibliotecas.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 8 de outubro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas provisionais de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), especialidade de bibliotecas.

A lista de aspirantes admitidos estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca Asuntos Marítimos en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Así mesmo, publícase a lista de excluídos, que figura como anexo a esta resolución.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, para emenda-lo defecto que motivase a exclusión.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non corrixan os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídos.

Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo, co obxecto de formular reclamación.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

NomeDNIExclusión

Alonso Figueroa, María Elisa3612500710

Alonso Monteagudo, Sofía7698966610

Álvarez Vázquez, Miguel Ángel7670550421

Gallego Fernández, Eva María7873974510

Mariño Dieste, Juana María5245257951,53

Martínez Sanz, María Jesús0067075255

Sánchez Martínez, María0979467651

Tizón Vázquez, Beatriz Gloria7671164310

* Causas de exclusión.

10: instancia fóra de prazo.

21: importe taxas ingresadas inferior ó estipulado.

53: falta do DNI ou DNI incorrecto.

55: non cumpri-lo requisito de titulación.