Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 03 de xaneiro de 2002 Páx. 39

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Nestlé España, S.A.

Vista a acta da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Nestlé España, S.A., con nº de código 3601172, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 19-11-2001, subscrita en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 15-11-2001. De conformidade co disposto no artigo 5 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, exis

tente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 28 de novembro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta de constitución

Na vila de Vilagarcía de Arousa, ás 11 horas do 12 de marzo de 2001, reúnese a comisión deliberadora do vixente convenio colectivo de Nestlé España, S.A., fábrica de Pontecesures, integrada polas seguintes persoas:

En representación dos traballadores:

Elena Pequeño Antela.

Mª Carmen González Pérez.

Leonardo Cobas Pena.

Arturo Ferro González.

Ramón Calvo Fernández.

Luis Alberto Sánchez García.

José Carlos Caamaño Vázquez.

Francisco Ramón Enrique Souto.

Ramón Cheda Framil.

En representación da empresa:

Ángel Andrés Abel Souto.

José Manuel Carregal Diéguez.

Recoñecéndose ámbalas partes a capacidade legal para estas negociacións, constitúense en comisión deliberadora co obxecto de revisar, para o ano 2001, as retribucións do capítulo V e os conceptos económicos do capítulo VII do vixente convenio colectivo, conforme o disposto no seu artigo 5.

E coa finalidade de establece-las actas das sesións e modera-las deliberacións, os reunidos, por unanimidade, designan a Ramón Cheda Framil e a José Manuel Carregal Diéguez, que toman inmediatamente posesión dos seus cargos de secretarios-moderadores.

E para que conste para tódolos efectos oportunos, tódolos compoñentes da comisión deliberadora asinan de conformidade esta acta de constitución, na vila e data ó principio expresada.

Acta final

Na fábrica de Pontecesures, ás 11 horas do 13 de novembro de 2001, volve a reunirse a comisión deliberadora constituída para a negociación do convenio colectivo de Nestlé España, S.A., fábrica de Pontecesures (Pontevedra), asistindo tódolos seus compoñentes segundo consta na acta de constitución.

Séguese debatendo entre os asistentes cada un dos puntos examinados.

Acórdase que na vindeira revisión do texto do actual convenio colectivo se realicen as seguintes modificacións:

Artigo 28º.-Axuda por xubilación, invalidez permanente ou falecemento.

1. No momento da xubilación ós 65 anos, a empresa aboaralle ó seu persoal a cantidade de 21.000 pesetas brutas por ano de servicio, cun mínimo de 315.000 pesetas.

2. Esta gratificación aboaráselle igualmente ó persoal que se xubile anticipadamente ou pase á situación de invalidez permanente, ó causar baixa na empresa, ou ó cónxuxe ou, no seu defecto, ós fillos menores do traballador que faleza. Nestes casos, os anos de servicio computaranse como se o traballador permanecese en activo ata cumpri-los 65 anos.

Acórdase tamén que os valores que figuran no artigo 36º.-Obsequio por anos de servicios, se entenderán en importes brutos.

Finalmente, ámbalas representacións, logo de deliberación, deciden que se convoque nova reunión para as 11 horas do día 15 de novembro de 2001, para proceder á súa sinatura.

Acto seguido, levántase a sesión, ás trece horas.

Acta única

Na vila de Vilagarcía de Arousa, ás 11 horas do 13 de marzo de 2001, na Cámara de Comercio, reúnese a comisión deliberadora constituída para a negociación do convenio colectivo de Nestlé España, S.A., fábrica de Pontecesures (Pontevedra), asistindo tódolos compoñentes segundo consta na acta de constitución.

A representación dos traballadores expón as peticións que constitúen a súa plataforma reivindicativa, comentando os argumentos que apoian tales peticións.

A representación da empresa explica as razóns que a asisten para a contraoferta que presenta na mesa de negociación, sendo debatidos amplamente entre os asistentes cada un dos puntos examinados.

Acto seguido levántase a sesión, ás trece horas.

Modificacións acordadas nas retribucións

do capítulo V e conceptos económicos do capítulo VII do vixente convenio colectivo de Nestlé España, S.A., fábrica de Pontecesures

Os valores dos seguintes artigos do convenio colectivo quedan modificados para o ano 2001 na forma que a seguir se expresa:

Artigo 18º.-Salarios.

As retribucións quedan establecidas conforme se indica no anexo I que substitúe o anterior.

Artigo 19º.-Antigüidade.

Os aumentos periódicos por anos de servicio serán, sen distinción de categorías, a razón de 3.847 pesetas

brutas por cuadrienio en cada unha das doce mensualidades e tres gratificacións extraordinarias.

Artigo 22º.-Complemento de nocturnidade.

Os importes sinalados neste artigo establécense como segue:

Punto 1: 2.221 pesetas brutas.

Punto 2: 1.316 pesetas brutas.

Artigo 23º.-Complemento dominical.

Os importes deste artigo establécense como segue:

Punto 1: 4.680 pesetas brutas.

Punto 2: 2.340 pesetas brutas.

Artigo 27º.-Axuda durante o servicio militar.

O importe deste artigo establécese en 25.170 pesetas brutas.

Artigo 28º.-Axuda por xubilación, invalidez permanente ou falecemento.

O importe deste artigo establécese en 21.000 pesetas brutas por ano de servicio, cun mínimo de 315.000 pesetas brutas.

Artigo 30º.-Axuda gardería.

O importe deste artigo establécese en 10.820 pesetas brutas mensuais.

Artigo 31º.-Axuda por minusvalidez.

O importe deste artigo establécese en 20.400 pesetas brutas mensuais.

Artigo 32º.-Obsequio por nupcialidade.

O importe deste artigo establécese en 25.170 pesetas brutas.

Artigo 33º.-Obsequio por natalidade.

O importe deste artigo establécese en 16.180 pesetas brutas.

Artigo 35º.-Obsequio de Reis.

O importe deste artigo establécese en 5.550 pesetas brutas.

Artigo 36º.-Obsequio por anos de servicio.

Os importes deste artigo establécense nas seguintes cantidades:

25 anos: 189.500 pesetas brutas.

40 anos: 269.600 pesetas brutas.

50 anos: 350.200 pesetas brutas.

Artigo 44º.-Disposición derradeira.

De conformidade co legalmente establecido, sinálase que este convenio colectivo foi negociado polas partes que a seguir se detallan:

En representación da empresa:

Ángel Andrés Abel Souto.

José Manuel Carregal Diéguez.

En representación dos traballadores:

Elena Pequeño Antela.

Mª Carmen González Pérez.

Leonardo Cobas Pena.

Arturo Ferro González.

Ramón Calvo Fernández.

Luis Alberto Sánchez García.

José Carlos Caamaño Vázquez.

Francisco Ramón Enrique Souto.

Ramón Cheda Framil.

A comisión deliberadora, por maioría, aproba as modificacións antes expresadas ó vixente convenio colectivo, permanecendo inalterados os seus restantes artigos e, en proba do acordo acadado, os seus compoñentes, dando por rematadas as negociacións, asinan este documento en Pontecesures o 15 de novembro de 2001.

ANEXO

Fábrica de Pontecesures

Táboa salarial o 1-1-2001

NivelSalario baseCompl. comp.Total díaTotal mesTotal salario anualTotal 3

gratif. extraord.

Gratif. abrilTotal anual

13.3272.0195.346160.3801.924.560481.140113.3582.519.058

2 3.3272.1295.456163.6801.964.160491.040115.6912.570.891

33.3272.2335.560166.8002.001.600500.400117.8962.619.896

43.3272.3465.673170.1902.042.280510.570120.2922.673.142

53.3272.4515.778173.3402.080.080520.020122.5182.722.618

63.3272.5575.884176.5202.118.240529.560124.7662.772.566

73.3272.6635.990179.7002.156.400539.100127.0142.822.514

83.3272.7706.097182.9102.194.920548.730129.2822.872.932

93.3272.8806.207186.2102.234.520558.630131.6152.924.765

103.3272.9836.310189.3002.271.600567.900133.7992.973.299

113.3273.0906.417192.5102.310.120577.530136.0683.023.718