Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 02 de xaneiro de 2002 Páx. 26

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 16 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai público que foi outorgado o permiso de investigación Pilar 6005.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que, por Resolución do 11 de outubro de 2001, foi outorgado o permiso de investigación Pilar, número 6005, de 128 cua

drículas mineiras para recursos de sección C, que se sitúa nos concellos de Guntín, Lugo e O Páramo, da provincia de Lugo.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Lugo, 16 de outubro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo