Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 02 de xaneiro de 2002 Páx. 26

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se realiza a publicidade do acordo do 13 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de aproveitamento de recursos da sección A) da canteira para granito en forma de perpiaño e semibloques nomeada Costa da Laxa 239.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro) de avaliación de impacto ambiental para Galicia, a delegada provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra

RESOLVE:

Dar publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 13-9-2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de aproveitamento de recursos da sección A) nomeada Costa da Laxa nº 239, sito en terreos de termo municipal de Ponte Caldelas, provincia de Pontevedra, promovido por Manuel Piñeiro Camiña.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 3,4791 ha, dentro do espacio solicitado para autorización de aproveitamento de recursos da sección A), comprendida entre os paralelos 42º 22' 16,52'', 42º 22' 09, 98'' norte e polos meridianos 8º 34' 00,61'', 8º 33' 55,23'' oeste, e foi incorporada ó expediente de Costa da Laxa nº 239, encontrándose á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 26 de novembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegado provincial de Pontevedra