Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 02 de xaneiro de 2002 Páx. 22

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 9 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/411-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a infor

mación pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: A Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Randufe-A Guía II.

Situación: Tui.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 750 m de lonxitude, con conductor R.H.V., desde o C.T. existente A Guía ata o novo C.T. que se proxecta en Randufe-A Guía II, no concello de Tui. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15/20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 1.300 m de lonxitude, con conductor R.Z., sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 9 de novembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra