Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 02 de xaneiro de 2002 Páx. 22

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 30 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/376-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: A Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T. subestación de Fenosa-A Guía-O Lugariño-I.

Situación: concello de Tui.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 500 m de lonxitude, con conductor R.H.V., desde unha subestación propiedade de Fenosa en Randufe-A Guía ata O Lugariño-Urbanización Pousa do Obispo, no concello de Tui.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 30 de outubro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra