Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. de Berrimes.
Situación: Lousame.
Descricións técnicas: L.M.T.A. a 20 kV de 475 m, en apoios de formigón e metálicos, conductor LA-56, con orixe na liña Noia-Lousame (expediente 5159) e final no transformador de Berrimes. C.T. aéreo de Berrimes, de 100 kVA e tensións 20/0,380-0,220 kV. R.B.T. en Berrimes, As Quintáns e A Costa, en apoios de formigón e conductor R.Z. de 1.800 m. Lousame.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 12 de novembro de 2001.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións