Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 31 de decembro de 2001 Páx. 16.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 13 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/418-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Figueroa de Arriba-avda. Santiago.

Situación: A Estrada.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 760 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña de interconexión entre os CC.TT. 36CCR6 e 36CFN9 ata o C.T. que se proxecta en Figueroa de Arriba, na avda. de Santiago, no Concello da Estrada. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 210 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o C.T. de Figueroa de Arriba.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 13 de novembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra