Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 31 de decembro de 2001 Páx. 16.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2001 pola que se declara deserto o concurso público aberto e urxente para a contratación dos servicios de vixilancia e seguridade, e outros, para o ente público Portos de Galicia.

Por Resolución do 5 de outubro de 2001, publicada no DOG nº 218, do día 12 de novembro de 2001, convócase o concurso público aberto e urxente para a contratación dos servicios de referencia.

De acordo co disposto nos artigos 6.3º g) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, e 9 h) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do ente público Portos de Galicia,

e con base na proposta formulada pola mesa de contratación, reunida para o efecto o día 5 de decembro de 2001, de acordo co disposto na cláusula 2.2.7 do prego de cláusulas administrativas particulares,

RESOLVO:

Declarar deserto o concurso público aberto convocado por Resolución do 5 de outubro de 2001, publicada no DOG nº 218, do día 12 de novembro de 2001, para a contratación dos servicios de vixilancia e seguridade e outros para o ente público Portos de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ou potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da recepción desta resolución (artigos 116 e 117 da LRXPAC).

En cumprimento do establecido no artigo 60 da LRXPAC, publíquese esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2001.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia