Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 31 de decembro de 2001 Páx. 16.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2001, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data dunha poxa de bens e dereitos.

Autorizado por esta dirección xeral o alleamento en poxa pública dos bens e dereitos embargados pola zona de recadación de Vigo, no curso do pro

cedemento de constrinximento seguido contra os debedores que se especifican en cada caso.

DISPOÑO:

Que, de conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona, o día 16 de xaneiro de 2002 ás 11 horas, nos locais da zona de recadación de Vigo, r/ Areal 62, local 3, baixo a presidencia do delegado Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, se celebre a poxa dos lotes seguintes:

Lote 1:

Vehículo matrícula: PO-43124VE, marca Caterpillar, modelo: 428, tipo: pa cargadora retroescavadora, bastidor 6TC10804, data de matriculación 29-1-1993.

Valor: 3.420.000 ptas. (20.554,61 A).

Cargas: non constan no Rexistro de Bens Mobles.

Tipo: 3.420.000 ptas. (20.554,61 A).

Debedor: Sanibrón, S.A. NIF: A-36039675.

Encóntrase depositado, para su exame, en Mialbarco, S.L. sito en La Armona nº 36-36788 Camposancos, A Guarda (Pontevedra).

Lote 2:

Cabeza tractora marca DAF, FTATE33KS00244740, matrícula SS-5341-T.

Valor: 575.000 ptas. (3.455,82 A).

Cargas: non constan no Rexistro de Bens Mobles.

Tipo: 575.000 ptas. (3.455,82 A).

Debedor: Adersa Vigo, S.L. NIF: B-36788776.

Encóntrase depositada, para o seu exame en Talleres Pino, S.L., Lg Esparela nº 24-Borreiros, Gondomar (Pontevedra).

Lote 3:

Tarxeta de transportes nº 03941079, correspondente á matrícula PO-1136-AT, data de suspensión 30-6-1998.

Tarxeta de transportes nº 03945606, correspondente á matrícula ZA-8579-D, data de suspensión 30-6-1998.

Tarxeta de transportes nº 04528370, correspondente á matrícula LU-5900-H, data de suspensión 30-6-1998.

Tarxeta de transportes nº 10063874, correspondente á matrícula OR-2387-J, data de suspensión 30-6-1998.

Tarxeta de transportes nº 10063875, correspondente á matrícula SS-5341-T, data de suspensión 30-6-1998.

Tarxeta de transportes nº 10064342, correspondente á matrícula M-08749-EV, data de suspensión 30-6-1998.

Tarxeta de transportes nº 06173832, correspondente á matrícula PO-2848-W, data de suspensión 30-6-1998.

Tarxeta de transportes nº 06357148, correspondente á matrícula PO-2573-AS, data de suspensión 30-6-1998.

Tarxeta de transportes nº 06391590, correspondente á matrícula C-1435-AS, data de suspensión 30-6-1998.

Tarxeta de transportes nº 06878132, correspondente á matrícula PO-6523-V, data de suspensión 30-6-1998.

Valor: 4.600.000 ptas. (27.646,56 A).

Cargas: sen cargas.

Tipo: 4.600.000 ptas. (27.646,56 A).

Debedor: Adersa Vigo, S.L. NIF: B-36788776.

Lote 4:

Remolque marca Montenegro, modelo SP 2122 nº de bastidor 3237, matrícula PO-000450-R, data de matriculación 11-3-1981.

Valor: 475.000 ptas. (2.854,81 A).

Cargas: non constan no Rexistro de Bens Mobles.

Tipo: 475.000 ptas. (2.854,81 A).

Debedor: Transandine. NIF: B-36773802.

Encóntrase depositado, para o seu exame, no domicilio de Manuel García Couso en Camiño Vello nº 5 Priegue-Nigrán (Pontevedra).

Lote 5:

Remolque marca Montenegro, modelo SP 1.6 nº de bastidor 0249, matrícula M-07975-R, data de matriculación 6-12-1973.

Valor: 306.000 ptas. (1.839,10 A).

Cargas: non constan no Rexistro de Bens Mobles.

Tipo: 306.000 ptas. (1.839,10 A).

Debedor: Transandine. NIF: B-36773802.

Encóntrase depositado, para o seu exame, no domicilio de Manuel García Couso en Camiño Vello nº 5 Priegue-Nigrán (Pontevedra).

Lote 6:

Remolque marca Montenegro, modelo SHC 1.A 6.7 nº de bastidor 0684, matrícula M-09779-R, data de matriculación 17-1-1977.

Valor: 306.000 ptas. (1.839,10 A).

Cargas: non constan no Rexistro de Bens Mobles.

Tipo: 306.000 ptas. (1.839,10 A).

Debedor: Transandine. NIF: B-36773802.

Encóntrase depositado, para o seu exame, no domicilio de Manuel García Couso en Camiño Vello nº 5 Priegue-Nigrán (Pontevedra).

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1. Que consta en poder da zona de recadación de Vigo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bes e dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen teren dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames preferentes, se os houber, ó crédito dos executantes, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas responsabilidades deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2. Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens e dereitos, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3. Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, emitido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4. Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será ó menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5. No caso de que non resulten adxudicados os bens e dereitos nunha primeira licitación, a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6. Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7. Se quedasen bens e dereitos sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por

un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens e dereitos se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente celebrar unha segunda licitación; se existise segunda licitación non haberá prezo mínimo.

8. A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia do ben ou dereito que non fose obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9. O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá que aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 17 de diciembre de 2001.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA