Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2001 Páx. 16.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 22 de novembro de 2001, aprobou inicialmente en fase municipal o proxecto de expropiación que, para a determinación do prezo xusto polo procedemento de taxación conxunta, respecto dos terreos que resultan necesarios ocupar para a execución da obra denominada ampliación e urbanización do cemiterio de Mañó.

En cumprimento do artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, co fin de que os que poidan resultar interesados formulen as reclamacións e observacións que consideren convenientes no que se refire á titularidade ou valoracións dos seus respectivos dereitos.

Redondela, 26 de novembro de 2001.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde

EMPRESA MUNICIPAL DE VIVENDA E SOLO DE SANTIAGO

DE COMPOSTELA, S.A.