Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2001 Páx. 16.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELÓN

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2001 pola que se anuncia a contratación da consultoría e asistencia para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Melón (Ourense).

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Concello de Melón.

Dependencia: Secretaría.

Número de expediente:

2. Obxecto do contrato:

Descrición: consultoría e asistencia para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Melón.

Lugar de execución: Concello de Melón.

Fecha límite de entrega: en diversas fases, segundo o prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 11.510.260 pesetas, equivalentes a 69.178,06 euros (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 203.206 pesetas, equivalentes a 1.221,30 euros.

6. Obtención de documentación e información: no mesmo prazo que o de presentación de ofertas, na Secretaría do Concello de Melón, Casa do Concello, rúa Calvo Sotelo, nº 1, CP 32411 Melón. Teléfono: 988 48 16 20, telefax: 988 48 17 91.

7. Requisitos do contratista: solvencia técnica e profesional para redacción de planeamento urbanístico.

8. Presentación de ofertas: na Secretaría do Concello de Melón, domicilio do número anterior, en horario de 9 a 13 horas, ata as 13 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicacion do anuncio no BOP de Ourense. Se o último día fose inhábil ou sábado o prazo finalizará o primeiro hábil seguinte.

9. Apertura das ofertas: ás dez horas do día hábil non sábado seguinte a aquel no que termine o prazo de presentación de proposicións na Casa do Concello.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Melón, 19 de novembro de 2001.

Celso Rodríguez Acuña

Alcalde