Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2001 Páx. 16.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/369).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Mallos.

Situación: Teo.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, de 955 m de lonxitude, en conductor

LA-56, que parte do apoio nº 205 da L.M.T. Pontevea-Campos e final no C.T. aéreo de Mallos, de 50 kVA e rede de baixa tensión. No termo municipal de Teo.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

Antonio Matalobos, titular dos predios nº 2 e 3 oponse á autorización e aprobación do expediente conforme os seguintes principios:

1. Antieconomicidade da explotación polo que suxire que se lle expropie a totalidade deles; artigo 23 do regulamento da Lei 10/1966.

2. Vulneración do capital, amparado polo artigo 565 do Código civil.

A entidade beneficiaria rexeita a argumentación do alegante aducindo que esta non xustifica as alegacións.

Vistos a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, aproba-lo proxecto e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 6 de novembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña