Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 27 de decembro de 2001 Páx. 16.498

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2001 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a realización das obras incluídas no proxecto de saneamento na rúa do Piñeiro (A Rocha).

Tipo de licitación: 13.241.111 pesetas (79.580,68 euros) IVE incluído.

Prazo de execución: 3 meses.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Proposicións: os licitadores poderán presenta-las proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da última publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copy Nova, r/ Nova de Abaixo, nº 12 local 4. Teléfono e fax: 981 59 23 93.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 15.3.3 do prego de cláusulas administrativas.

Garantías: provisional: 264.822 pesetas (1.591,61 euros).

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o día hábil seguinte, non sábado, ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2001.

O alcalde

Rubricado