Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 27 de decembro de 2001 Páx. 16.498

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1007/2001).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 29 de novembro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle da zona 4 do SU-25, a pedimento da xunta de compensación do dito ámbito de xestión urbanística, representada por Manuel José Justo Carnero.

2. Someter a información pública o dito proxecto polo prazo dun mes mediante anuncio que se publi

cará no DOG, no BOP e nun dos diarios de maior circulación da provincia, con notificación persoal ós propietarios e demais interesados directamente afectados.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 12 de decembro de 2001.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente