Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 27 de decembro de 2001 Páx. 16.494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 19 de decembro de 2001 polo que se comunica a reclamación de documentación a González Cid, Ricardo, expediente C1/00.0072.0301.N.0010-OU, de axuda financeira acollida ó convenio de comercio retallista 2000.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por este edicto ponse en coñecemento de González Cid, Ricardo, titular do expediente C1/00.0072.0301.N.0010-OU, relativo á solicitude de concesión de axuda financeira acollida ó convenio de comercio retallista 2000, que, atopándose incompleto o expediente de referencia, se lles concede un prazo de dez días desde a publicación deste anuncio para que presente a seguinte documentación:

-Indicación expresa de que se trata de investimentos adquiridos a terceiros.

-Indicación expresa de que se trata de investimentos realizados ou que realizará a partir do 1 de xaneiro de 2000.

-Localización dos investimentos.

-Orzamento detallado e valorado (incluído o IVE), partida a partida, dos investimentos en inmobilizado material novo, bens usados e inmobilizado inmaterial.

-Estado dos pagamentos, é dicir, no caso de que parte do investimento estea pagado, indicación das partidas que están pagadas ou a parte pagada de cada unha delas. No caso que non se efectuasen pagamentos, indicación expresa de que o investimento está pendente de pagamento na súa totalidade.

O expediente ponse de manifiesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, complexo administrativo San Lázaro.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica