Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 26 de decembro de 2001 Páx. 16.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-110/2001, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente, de non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir

do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8 de xaneiro de 1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 10 de outubro de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-110/2001.

Denunciado: Ricardo Rey Mariño.

DNI: 33261641-F.

Enderezo: r/ Lagares, nº 73, Monforte de Lemos (Lugo).

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial con cana nun tramo acoutado (couto de Begonte) sen estar en posesión do permiso regulamentario. Feitos constatados o día 3-5-2001 ás 13.30 h no río Ladra-Castro, Begonte, Lugo.

Precepto sancionador: artigo 34.14º da Lei 7/1992 de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da sanción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercico desta actividade por un período dun ano.