Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 26 de decembro de 2001 Páx. 16.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 196/2000).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a infor

mación pública a solicitude de Electra del Jallas, S.A. con enderezo na praza da Constitución, nº 17 de Cee (A Coruña), como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

«A liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 362 m de lonxitude, coa orixe na liña que alimenta o C.T. Cibrán e final no C.T. As Casas Novas, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Cibrán, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 175 m de lonxitude, que se conecta á rede existente. Coa finalidade de mellora-la seguridade e calidade da subministración da zona das Casas Novas. No termo municipal de Muxía. (Expediente 196/2000).»

O que se fai público para coñecemento xeral, en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 9 de novembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 196/2000Provincia: A Coruña

L.M.T., C.T., R.B.T. As Casas NovasTermo municipal: Muxía

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2Agro de SusoPradoM. Julia Bermúdez

Barrientos

A Casanova-Vilastose, s/n

15125 Muxía

1-1/2231021.020

4Agro de SusoPradoGonzalo Grille PereiraA Casanova-Vilastose, s/n

15125 Muxía

64640