Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 26 de decembro de 2001 Páx. 16.425

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 19 de novembro de 2001, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente XC-00726-O-2001 e cinco máis).

Pola presente cédula, notifícaselles ós denunciados, coas señas e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV da Coruña, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Facéndolles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, dispoñen dun prazo de quince días para o seu pagamento en voluntaria, facendo efectiva a multa mediante ingreso a favor do tesouro da Facenda Galega, conta de recadación de multas e sancións, nº 1302 6000 08 13.763.620, da Caixa Postal de Aforros.

Transcorrido este prazo, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o prescrito no art.97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro (BOE nº 12).

E para que conste e sirva de notificación, ós denunciados de enderezos descoñecidos e en cumprimento do disposto no art. 59.4º da citada lei, expido, asino e selo a presente cédula na Coruña, 19 de novembro de 2001.

Gonzalo López González

Xefe do Servicio Provincial de Transportes da Coruña

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-00726-O-2001

C-5296-AY

G.C. Tráfico

José M. Teixeira González

Fajardo, 35-37-1º

15404 Ferrol (A Coruña)

Transportar chatarra desde Cariño a Valdoviño tendo caducada a autorización de transporte desde abril do 1999.

24-01-2001; 19.35; C-642; 34,6

Art. 103 Lei 16/1987

Art.158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

25.000 ptas
XC-01236-O-2001

OR-0713-T

G.C. Tráfico

Alfredo Fernández Dacal

Ríomao, 42

32001 Ourense

Circular utilizando un disco diagrama E1-137 no aparato tacógrafo carecendo na folla de rexistros das anotacións obrigatorias carece do nome e apelidos do conductor. Só fai constar iniciais a F deixando espacio. Recóllese disco de data 21 e 18 o que este e os da semana que corre pon o nome e apelidos.

21-2-2001; 10.33; N.634; 709,5

Art. 15 R(CE)3821/1985Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

25.000 ptas
XC-01269-O-2001

C-04060-AW

G.C. Tráfico

José López Díaz

Calvo Sotelo, s/n

15407 Narón (A Coruña)

Circular transportando mobles, carecendo da tarxeta de transporte.

21-2-2001; 16.35; AC-113; 3,500

Art. 103 Lei 16/1987

Art.158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

25.000 ptas
XC-01490-O-2001

S-1778-AL

G.C. Tráfico

Pescados Repiso S.C.

Juan de la Cosa, 67

39740 Santoña (Cantabria)

Circular cun furgón transportando peixe fresco desde Santoña a Vigo, carecendo de tarxeta de transporte presenta tarxeta MPC-N vencida o 28-2-2001.

7-3-2001; 3; N-634; 716

Art. 103 Lei 16/1987

Art.158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

15.000 ptas
XC-01591-O-2001

PO-7683-BB

G.C. Tráfico

Daniel Trelles Rodríguez

Bajada Al Portiño, 15

36392 Vigo (Pontevedra)

Realizar transporte privado de mercadoría (turismo avariado), carecendo da tarxeta de transportes.

23-3-2001; 11.45; N-550; 82,5

Art. 103 Lei 16/1987

Art.158 R.D. 1211/1990

Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

25.000 ptas
XC-01704-O-2001

LE-0788-AG

G.C. Tráfico

Transportes Vega Mayo, S.L.

General Benavides, 11

24750 La Bañeza (León)

Ter realizado o conductor do vehículo unha conducción diaria de once horas e dez minutos nunha xornada laboral, despois dun descanso ben realizado, xornada entre as 18.40 do día 12 e as 18.40 do día 13. Transporta carga completa de madeira.

15-3-2001; 11.20; A-9; 79,5

Art. 6 R(CE) 3820/1985Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

20.000 ptas