Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.408

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

ANUNCIO de contratación de servicio.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 precisa contratar un servicio de mantemento de aplicacións e asesoramento técnico-operativo informático.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sitas no Hospital Psiquiátrico de Conxo. Praza Martín Herrera, nº 2-2ª planta, 15706 Santiago de Compostela, das 12 ás 14 horas, desde o 2 ata o 14 de xaneiro de 2002 (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, das 12 ás 14 horas, desde o día 2 ata o 14 de xaneiro de 2002 (incluídos). No caso de precisar máis información poden chamar ó teléfono 981 54 67 64.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2001.

Carmen Rial Lobatón

Directora da Fundación Pública Urxencias

Sanitarias de Galicia-061