Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.408

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL VIRXE DA XUNQUEIRA

PROBAS de selección de persoal.

Rematado o período de reclamacións e publicadas as listaxes definitivas dos aspirantes admitidos e

excluídos ó proceso de selección, aprobado polo Acordo do 4 de agosto de 2001; DOG nº 172, do 5 de setembro, a Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira anuncia:

-Proba teórica eliminatoria: terá lugar o vindeiro 12 de xaneiro de 2002, no Instituto de Educación Secundaria Agra de Raíces, en Cee; r/ Buenaventura Castro Rial, s/n. A proba consistirá nun test psicotécnico e de coñecementos comprendidos nos temarios publicados no DOG nº 52, do 14 de marzo de 2001.

Os chamamentos serán os seguintes:

CategoríaHora

ATS/DUE16

TEL16

TER16

Auxiliar de enfermería18.35

PSX18.35

-Lémbrase que tódolos candidatos que acudan á realización da proba deberán leva-lo orixinal do DNI, pasaporte ou permiso de conducir. No caso de non presentar ningún destes documentos non poderán face-las probas. Tódolos candidatos convocados á realización das probas que non se presenten quedarán inescusablemente eliminados do proceso de selección.

José Rey Aneiros

Director da Fundación Pública Hospital Vixe

da Xunqueira