1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social-Inludes.
2. Obxecto: servicio de traballos de deseño gráfico para o Centro de Artesanía e Deseño do Inludes.
3. Orzamento: seis millóns novecentas oitenta e oito mil duascentas doce (6.988.212 pesetas) (42.000 euros).
4. Prazo de execución: desde a data de adxudicación ata o 31-12-2002.
5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.
6. Informática: oficina de Apoio.
7. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: 8 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.
c) Rexistro Xeral do Inludes, das 10 ás 14 horas.
8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
O texto íntegro deste anuncio figura no BOP nº 280, do 7 de decembro de 2001.
Lugo, 14 de decembro de 2001.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo