Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal deste concello, en sesión realizada o día 27 de novembro de 2001, adoptou o acordo número 2350 polo que se aproba inicialmente o estudio de detalle presentado para o establecemento de aliñacións e ordenación de volumes do polígono 9 do Plan Xeral de Ordenación Municipal, situado entre a avenida San Xoán e o camiño Real do Casal, coas modificacións indicadas polo aparellador municipal, e que foi promovido pola sociedade Residencial Monasterio, S.L., redactado polo arquitecto Carlos Rosón Gasalla, e visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia o 26 de novembro de 2001.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o estudio de detalle será exposto ó público durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e poden presentarse alegacións e reclamacións contra el.

Poio, 14 de decembro de 2001.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde