Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.377

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

TRIBUNAL ECONÓMICO ADMINISTRATIVO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

ACORDO do 27 de novembro de 2001 polo que se notifica emprazamento na reclamación económico administrativa 2047-O 01/6 interposta por Andrés Zabaleta Leucona.

Intentada inutilmente a notificación domiciliaria do emprazamento para a posta de manifesto do expediente na reclamación económico administrativa nº 2047-O 01/6 interposta por Andrés Zabaleta Leucona (domicilio notificacións: r/ S. Martín, 53-3º esqda., ofic. 1 20007 San Sebastián), procédese a súa publicación de acordo co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dos artigos 83 e 86 do Real decreto 391/1996, do 1 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico administrativas.

Este tribunal comunícalle que dispón dun prazo de 15 días, contados desde o día seguinte á recepción da presente notificación, para examina-lo expediente económico-administrativo incoado á súa instancia. Nese prazo poderá formular escrito de alegacións, achegar probas e xunta-los documentos e dictames a que se refire o artigo 90 do Real decreto 391/1996, do 1 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas (BOE nº 72, do 23 de marzo de 1996). Poderá examina-lo dito expediente nas dependencias

desta secretaría situadas na Consellería de Economía e Facenda (1º planta, Dirección Xeral de Tributos).

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2001.

Susana Benedeti Corzo

Secretaria do tribunal