Intentada inutilmente a notificación domiciliaria da resolución correspondente á reclamación económico administrativa interposta por José Luis Jiménez Fuentes (domicilio notificacións: San Ignacio de Loyola, 27-B 15000 Santiago de Compostela), procédese a súa publicación de acordo co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurí
dico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dos artigos 83 e 86 do Real decreto 391/1996, do 1 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico administrativas.
De acordo co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase que en reunión do 26 de abril de 2001, o Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia desestimou as reclamacións nº 1679-C 00/9 e 1680-C 00/9 interpostas por José Luis Jiménez Fuentes. Esta resolución estará á disposición do interesado nas dependencias da secretaría deste tribunal situadas na Consellería de Economía e Facenda (1º andar, Dirección Xeral de Tributos).
Esta resolución esgota a vía económico administrativa, contra ela poderá interpor recurso ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó desta publicación.
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2001.
Susana Benedeti Corzo
Secretaria do tribunal