Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 21 de decembro de 2001 Páx. 16.352

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

EL PROGRESO DE LUGO, S.L.

CONVOCATORIA IX premio xornalístico Puro Cora.

O premio xornalístico Puro Cora creouse co obxectivo de estimula-las iniciativas individuais que, en forma de artigos xornalísticos publicados, mostren unha alta consideración da solidariedade, a comprensión entre os homes e a defensa dos valores democráticos.

O resultado do premio farase público o día 2 de febreiro de 2002, en Lugo, e está dotado con 1.500.000 pesetas.

Correspondencia a El Progreso de Lugo, S.L.; rúa Progreso, 12, 27001 Lugo.

Lugo, 16 de decembro de 2001.

Blanca García Montenegro

Presidenta