Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 21 de decembro de 2001 Páx. 16.352

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2001 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: contratación de asistencia técnica para a redacción do Plan especial de mellora dos núcleos rurais da Rocha Vella e a A Rocha Nova.

Tipo de licitación: 7.424.000 pesetas (44.619,14 euros) IVE incluído.

Prazo de execución: os traballos realizaranse de acordo coas fases sinaladas no artigo 7 do prego de cláusulas administrativas.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de oito días naturais, contados desde o día seguinte ó da última das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela (departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 6.2º do prego de cláusulas administrativas.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas o día hábil seguinte, non sábado, ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2001.

O alcalde

Rubricado