Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 21 de decembro de 2001 Páx. 16.352

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOAÑA

ANUNCIO.

Redactado pola empresa adxudicataria o avance dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Moaña, e dada conta del ó Pleno da Corporación local en sesión ordinaria do día 8 de novembro de 2001.

Publícase o dito avance polo termo dun mes, co obxecto de recibir suxestións a este por persoas e entidades interesadas, podendo consulta-los antecedentes nas oficinas de Urbanismo, sitas na rúa Ramón Cabanillas nº 77.

Este anuncio será publicado no Diario Oficial de Galicia e no xornal de maior tirada da provincia.

Os prazos computaranse a partir da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Javier Barreiro Tenorio.

Alcalde