Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 21 de decembro de 2001 Páx. 16.351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ESGOS

ANUNCIO.

De conformidade co previsto no artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, rematado o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal deste concello, no que se contén a estratexia, as directrices e os obxectivos xerais do plan, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes durante o cal as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que consideren oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que coiden procedentes na secretaría deste concello, das nove ás catorce horas.

Esgos, 10 de decembro de 2001.

Manuel Ángel Rodríguez Fernández

Alcalde