Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 21 de decembro de 2001 Páx. 16.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 2 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/404-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. estrada pola vía N. 38.

Situación: concello de Nigrán.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 55 m de lonxitude, con conductor tipo

R.H.V., desde o apoio existente nº 11 da L.M.T. Gon 8.06 ata o C.T. que se proxecta na estrada pola vía n. 38, concello de Nigrán. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 2 de novembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra