Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 21 de decembro de 2001 Páx. 16.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2001 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a redacción do proxecto básico e de execución da obra de construcción do Conservatorio de Música de Pontevedra (36019700).

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento.

2. Obxecto do contrato.

2.1.

a) Descrición do obxecto: redacción do proxecto básico e de execución da obra de construcción do Conservatorio de Música de Pontevedra.

b) Prazo de execución ou data límite de entrega: 1,5 meses.

c) Número de expediente: SXCE 28/01/CA

d) Orzamento base de licitación.

Importe total: 48.619,17 euros (8.089.550 pesetas)

e). Fianza provisional: ver prego.

f) Clasificación: non é necesaria.

3. Obtención de documentación e información.

3.1. Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Oficina de Información)

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n, e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15704.

3.2. Documentación.

a) Teléfono: 981 59 23 93.

b) Enderezo: rúa Nova de Abaixo, 12, local 4. Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=902

4. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación

desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15704.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ata a resolución de adxudicación do concurso.

e) Admisión de variantes (concurso): ver prego.

5. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas).

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o cuarto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: a partir das 12 horas.

6. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2001.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria