Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 21 de decembro de 2001 Páx. 16.305

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de novembro de 2001 pola que se resolve a concesión de axudas para financia-las actividades das asociacións, federacións e confederacións de alumnos.

Por Orde do 21 de maio de 2001 (DOG do 8 de xuño) esta consellería convocou axudas para financia-las actividades das asociacións, federacións e confederacións de alumnos de centros docentes de niveis non universitarios e de acordo coa proposta realizada pola comisión establecida no punto sexto da dita orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles, con cargo á aplicación orzamentaria 07.03.323A.480.1 ás asociacións de alumnos Rafaela María do Colexio Esclavas Sagrado Corazón de Jesús da Coruña e Comités Abertos de Estudiantes do IES Pazo da Mercé, das Neves (Pontevedra) unha axuda de 500.000 pesetas a cada unha delas.

Segundo.-Modifica-lo prazo de xustificación establecido no punto décimo da Orde do 21 de maio de 2001 (DOG do 8 xuño) e fixar novo prazo para a xustificación total da axuda ata o día 31 de decembro de 2001.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO