Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 20 de decembro de 2001 Páx. 16.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2001, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do expediente de contratación C.P. 13/2001.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na letra i) do artigo 7 da Orde do 23 de marzo de 2000 pola que se modifica a do 21 de abril de 1998, sobre delegacións de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n (27004) Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións. Teléfono: 982 29 65 92. Fax: 982 21 29 24.

c) Número do expediente: C.P. 13/2001.

2. Obxecto da contratación.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: a subministración dun equipo láser con lámpada de fendedura e tonómetro de aplanación (lote nº 1), de dun equipo de esterilización mediante peróxido de hidróxeno en forma de gas plasma (lote nº 2).

c) Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: DOG nº 78, do 23 de abril de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Lote nº 1.-Seis millóns cincocentas mil pesetas (6.500.000 ptas.) (IVE incluído) (39.065,79 euros).

Lote nº 2.-Oito millóns de pesetas (8.000.000 de ptas.) (IVE incluído) (48.080,97 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 7 de xuño de 2001.

b) Contratista:

-Lote nº 1: Carl Zeiss, S.A.

-Lote nº 2: Johnson&Johnson, S.A.

c) Importe da adxudicación:

-Lote nº 1.-Seis millóns cincocentas mil pesetas (6.500.000 ptas.) (IVE incluído) (39.065,79 euros).

-Lote nº 2.-Oito millóns de pesetas (8.000.000 de ptas.) (IVE incluído) (48.080,97 euros).

Lugo, 2 de novembro de 2001.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo