Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 20 de decembro de 2001 Páx. 16.287

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2001, da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación do servicio de vixilancia de seguridade en diversos dispositivos de atención urxente extrahospitalaria e puntos de atención continuada dependentes desta xerencia. (C.P. 7/2001).

O director xerente de Atención Primaria de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme ó establecido na Orde do 21 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio), modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 104, do 30 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve publica-la adxudicación do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Xerencia de Atención Primaria de Lugo, praza de Ferrol nº 11, 4ª planta (27001) Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións. Teléfono: 982 29 63 29, 982 29 63 96, fax: 982 29 62 28.

c) Número do expediente: C.P. 7/2001.

2. Obxecto da contratación:

a) Tipo de contrato: contrato de servicios.

b) Descrición do obxecto: servicio de vixilancia de seguridade en diversos dispositivos de atención urxente extrahospitalaria e puntos de atención continuada dependentes desta xerencia.

c) Lotes: 1.

d) Data da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: DOG nº 176, do 11 de setembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base da licitación:

Nº de lote: lote 1.

Orzamento: 25.500.000 pesetas (153.258,09 euros).

5. Adxudicación:

a) Data: 23 de outubro de 2001.

b) Contratista:

Lote 1: Serramar Vigilancia y Seguridad, S.L.

Importe da adxudicación:

Lote 1: 11.703.064 pesetas (70.336,83 euros). Correspondentes ó período de execución do servicio do 1-11-2001 ó 31-12-2001.

Lugo, 23 de outubro de 2001.

Lorenzo Armenteros del Olmo

Director xerente de Atención Primaria de Lugo