Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 20 de decembro de 2001 Páx. 16.278

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 4 de decembro de 2001 polo que se procede a darlles publicidade ás listas provisionais derivadas da nova baremación do epígrafe de formación continuada na categoría de médicos de familia para selección temporal nas II.SS. do Servicio Galego de Saúde.

En cumprimento da medida cautelar adoptada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, relativa á modificación do baremo na categoría de médicos de familia, a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, con data do 17 de novembro de 2001 (DOG número 229, do 27 de novembro), dictou resolución acordando a revisión da puntuación outorgada ós cursos dos aspirantes inscritos na citada categoría na convocatoria do ano 2000.

Unha vez efectuada a revisión da baremación, as listaxes provisionais publicaranse de xeito simultáneo nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Sergas e dos centros asistenciais dependentes o día da publicación deste anuncio. Nas listaxes incluirase a nova relación de aspirantes coas puntuacións obtidas logo da modificación da baremación e a orde de prelación derivada desta.

Os interesados poderán formular reclamación contra as listaxes provisionais ante a dirección provincial do Sergas que corresponda, no prazo máximo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da data de publicación.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos