Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 18 de decembro de 2001 Páx. 16.154

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se declaran definitivas as puntuacións do segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo convocado por Resolución do 20 de marzo de 2001.

Polas resolucións do 19 de novembro de 2001 (DOG nº 229, do 27 de novembro) e 21 de novembro de 2001 (DOG nº 230, do 28 de novembro), publicáronse as puntuacións e a anulación dalgunhas preguntas do segundo exercicio da fase de oposición, segundo dispón o punto 11 da base sexta a) da resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

Á vista das reclamacións presentadas en prazo contra as puntuacións dese segundo exercicio, logo de informe técnico de nova corrección, cómpre declaralas definitivas, coas modificacións oportunas, de se-lo caso, polo que, esta División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro.-Declarar definitivas as puntuacións acadadas polos aspirantes presentados ó segundo exercicio da fase de oposición das diferentes categorías publicadas polas resolucións do 19 de novembro de 2001 (DOG nº 229, do 27 de novembro), e 21 de novembro de 2001 (DOG nº 230, do 28 de novembro), e desestimar tódalas reclamacións presentadas polos interesados.

Segundo.-Incluí-la seguinte aspirante, coa súa puntuación, na relación da categoría de auxiliar da función administrativa, omitida na anterior listaxe:

Yolanda Azucena Sánchez Somoza, DNI 34261411: 70,000 Apto.

Terceiro.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no punto 3 da base décima da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos