Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 18 de decembro de 2001 Páx. 16.145

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2001 pola que se convocan cursos de informática de xestión municipal para persoal de corporacións locais da Comunidade Autónoma galega.

Dentro do plan de actividades da EGAP para 2002, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos que figuran no anexo, dirixidos ó persoal de corporacións locais da Comu

nidade Autónoma galega, que deberán desenvolverse de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar nos cursos programados no anexo I deberá solicitalo coa presentación da instancia que, segundo modelo oficial, figura como anexo II a esta resolución, e cubrila en tódolos seus epígrafes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP e presentaranse no rexistro da Escola Galega de Administración Pública; r/ Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou tramitaranse por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30, sen prexuízo da necesidade de remisión da solicitude orixinal por correo ordinario.

Segunda.- Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará dez días naturais antes do comenzo de cada curso.

Terceira.- Selección.

Os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 149, do 3 de agosto).

Seguidamente, efectuarase a selección dos participantes e esta notificaráselles directamente ós admitidos e publicarase na páxina web: www.egap.xunta.es.

Cuarta.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento dos cursos, así como a de anulalos se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Quinta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con reguralidade nos cursos, e é obrigatoria a asistencia a tódalas sesións. Toda inasistencia deberá ser xustificada convenientemente, sen que poida exceder en ningún caso do 15% das horas lectivas programadas.

Unha inasistencia superior ó 15% das horas lectivas programadas, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do correspondente certificado.

Sexta.-Valoración.

Para os efectos do establecido na resolución do INAP do 26 de outubro de 1994, (BOE nº 267, do 8 de abril) e correción de erros (BOE nº 311, do 29 de decembro), pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na

orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, a este curso outorgaráselle unha puntuación de 0,20 puntos.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2001.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Curso: iniciación e base de datos para persoal de corporacións locais.

1. Obxectivos.

Aprender cómo funciona un ordenador. Coñecementos básicos. Organizar e manexar grandes cantidades de información para obter conclusións da información almacenada.

2. Destinatarios.

Persoal de corporacións locais.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugares: EGAP.

3.3. Datas: 21, 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de xaneiro, 4 e 5 de febreiro de 2002.

3.4. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.5. Prazas: 20.

4. Contido.

Coñecemetos básicos do manexo dun ordenador, sistema operativo, xestor de bases de datos, tipos de bases de datos e características fundamentais, relacións entre táboas, consultas, formularios e informes, importación, exportación e unión de táboas.

Curso: da internet para persoal de corporacións locais.

1. Obxectivos.

Iniciación nos coñecementos básicos do manexo do sistema operativo para a utilización do ordenador como ferramenta de comunicación.

2. Destinatarios.

Persoal de corporacións locais.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugares: EGAP .

3.3. Datas: 6, 7, 11, 12, 13, 14 e 18 de febreiro de 2002.

3.4. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.5. Prazas: 20.

4. Contido.

Historia, conceptos básicos iniciais, World Wide Web: accesos directos ós lugares máis visitados, bus

cas, o correo electrónico, os grupos de noticias (News), colaboración en tempo real. Chat e vídeo-conferencia, configuración dos programas necesarios.

Curso: de xestión de proxectos.

1. Obxectivos.

Iniciar nos coñecementos teóricos sobre a xestión de proxectos. Manexo e seguimento informático deles.

2. Destinatarios.

Funcionarios de Administración local pertencentes ós grupos A e B.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugares: EGAP .

3.3. Datas: 19, 20, 21, 25, 26, 27 e 28 de febreiro de 2002.

3.4. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.5. Prazas: 20.

4. Contido.

Conceptos básicos sobre proxectos, manexo de tarefas, asignación de recursos, mostra-la información do proxecto, análise do desenvolvemento do proxecto e revisión das previsións, xestión simultánea de varios proxectos relacionados.

Curso: administrador de redes de área local. Iniciación.

1. Obxectivos.

Preténdese neste curso de iniciación de área local formar un funcionario do concello para que, unha vez instalada a rede nel, poida encargarse de xestionala, administrando a rede.

2. Destinatarios.

Persoal dos concellos con acreditada formación informática a nivel básico.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 18 horas.

3.2. Lugares: EGAP.

3.3. Datas: 4, 5, 6, 7, 11 e 12 de marzo de 2002.

3.4. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.5. Prazas: 20.

4. Contido.

Compoñentes dunha rede, transmisión do sinal, medios de transmisión do sinal, cable coaxial, cable de par trenzado, fibra óptica, infravermello, microondas, onda de radio, tarxetas de rede, modelos de redes, arquitecturas de rede: Ethernet. Token Ring, deseño dunha rede de área local, administración da rede.