Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 18 de decembro de 2001 Páx. 16.079

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 310/2001, do 17 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

Publicado o Decreto 306/2001, do 15 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Xunta de Galicia, procede fixa-la estructura das distintas consellerías, estructurándoas nas secretarías xerais, direccións xerais ou órganos de igual categoría, que sexan necesarios para o cumprimento das funcións que a nova estructura comporta e adscribíndolle-los organismos autónomos ou entes públicos pertinentes.

Polo tanto, en virtude do disposto no artigo 4.15º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de decembro de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A) A Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral da Función Pública.

3. Inspección Xeral de Servicios.

4. Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

5. Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias.

6. Dirección Xeral de Relacións Institucionais.

B) Queda adscrito a esta consellería o organismo autónomo Escola Galega de Administración Pública.

Artigo 2º

A) A Consellería de Economía e Facenda estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral e do Patrimonio.

2. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

3. Dirección Xeral de Tributos.

4. Dirección Xeral de Orzamentos.

5. Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

6. Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

B) Quedan adscritos a esta consellería:

1. O organismo autónomo Instituto Galego de Estatística.

2. O ente público Instituto Galego de Promoción Económica.

3. O ente público Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable.

Artigo 3º

A) A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Urbanismo.

3. Dirección Xeral de Obras Públicas.

4. Dirección Xeral de Transportes.

B) Quedan adscritos a esta consellería:

1. O organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

2. O ente público Portos de Galicia.

3. O ente público Obras e Servicios Hidráulicos.

Artigo 4º

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Persoal.

3. Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa.

4. Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

5. Dirección Xeral de Universidades.

6. Dirección Xeral de Política Lingüística.

Artigo 5º

A) A Consellería de Industria e Comercio estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

3. Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

4. Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

B) Quedan adscritos a esta consellería:

1. O organismo autónomo Instituto Galego de Consumo.

2. O ente público Instituto Enerxético de Galicia.

Artigo 6º

A) A Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias.

3. Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria.

4. Dirección Xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria.

B) Quedan adscritos a esta consellería:

1. O ente público Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

2. O organismo autónomo Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

Artigo 7º

A) A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Promoción Cultural.

3. Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

4. Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual.

5. Dirección Xeral de Turismo.

B) Queda adscrito a esta consellería o organismo autónomo Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

Artículo 8º

A) A Consellería de Sanidade estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Saúde Pública.

B) O Servicio Galego de Saúde (Sergas), organismo autónomo de carácter administrativo, estará adscrito organicamente á Consellería de Sanidade e contará cos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. División de Asistencia Sanitaria.

3. División de Recursos Económicos.

4. División de Recursos Humanos.

5. División de Farmacia e Productos Sanitarios.

Artigo 9º

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Recursos Mariños.

3. Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca.

4. Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.

5. Centro de Control do Medio Mariño.

Artigo 10º

A) A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Xustiza.

3. Dirección Xeral de Relacións Laborais.

4. Dirección Xeral de Interior e Protección Civil.

5. Dirección Xeral de Administración Local.

B) Queda adscrito a esta consellería o organismo autónomo Academia Galega de Seguridade.

Artigo 11º

A) A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral da Familia.

3. Dirección Xeral de Formación e Colocación.

4. Dirección Xeral de Fomento do Emprego.

5. Dirección Xeral de Xuventude.

B) Queda adscrito a esta consellería o organismo autónomo Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

Artigo 12º

A) A Consellería de Medio Ambiente estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.

3. Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

4. Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

5. Centro de Desenvolvemento Sostible.

B) Queda adscrito a esta consellería o organismo autónomo Augas de Galicia.

Artigo 13º

A Consellería de Asuntos Sociais estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade.

3. Dirección Xeral de Servicios Comunitarios e Inclusión Social.

Artigo 14º

A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Emigración.

3. Dirección Xeral de Cooperación Exterior.

Disposicións adicionais

Primeira.-As secretarías xerais previstas no presente decreto asumen as funcións e competencias atribuídas ás secretarias xerais técnicas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro.

Segunda.-En tódalas consellerías existirá unha delegación provincial na que se integrarán os órganos e servicios existentes en cada provincia. Na Consellería de Economía e Facenda e na de Pesca e Asuntos Marítimos, as delegacións serán territoriais. As delegación provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública representarán a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior, nos seus respectivos ámbitos territoriais, mentres non sexan creadas expresamente as súas delegacións provinciais.

Terceira.-As referencias contidas na normativa reguladora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, en canto ó conselleiro e á Consellería de Economía e Facenda, deberán entenderse referidas ó conselleiro e á Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, respectivamente.

Cuarta.-O Presidente de Augas de Galicia será o director xeral do Centro de Desenvolvemento Sostible.

Disposicións transitorias

Primeira.-Mediante ordes dos conselleiros respectivos determinarase a adscrición dos órganos dependentes das direccións xerais suprimidas como consecuencia da estructura orgánica que se fixa nos artigos precedentes, ós centros directivos correspondentes mentres non se regule por decreto a nova estructura orgánica no nivel de dirección xeral.

Segunda.-Os órganos dependentes das direccións xerais que non fosen obxecto de supresión, manterán a súa estructura e funcións ata que se proceda ó desenvolvemento da estructura contida no presente decreto.

Terceira.-Os créditos incluídos no estado de gastos do orzamento da Comunidade Autónoma para 2001 manterán ata o 31 de decembro a súa actual codificación orzamentaria e, se é o caso, no orzamento prorrogado para 2002 identificaranse os créditos segundo a nova estructura.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior categoría se opoñan ó disposto no presente decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Economía e Facenda para que dicte as disposicións necesarias para a xestión dos créditos afectados pola nova estructura administrativa, sen que en ningún caso poida orixinarse incremento de gasto.

Segunda.-A Consellería de Economía e Facenda realizará as modificacións orzamentarias necesarias para dar cumprimento ó disposto no presente decreto.

Terceira.-O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezasete de decembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública