Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 18 de decembro de 2001 Páx. 16.078

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 309/2001, do 17 de decembro, polo que se determinan os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Tendo en conta o tempo transcorrido desde a entrada en vigor do Decreto 261/1994, do 29 de xullo, os criterios de eficacia, economía e organización antes aludidos, requiriron a modificación das estructuras dalgúns dos órganos xa existentes e a incor

poración doutros de nova creación, o que fai necesaria unha reestructuración normativa que permita o coñecemento de tódos e cada un dos centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia co manexo dunha única norma.

Por outra banda, a adaptación ás novas circunstancias que derivan do funcionamento dos órganos xa existentes, esixe a creación dun novo centro directivo, o Departamento de Protocolo e Relacións Públicas, así como do Gabinete de Apoio, o titular do cal terá rango de director xeral, e que contribuirán, cada un no ámbito para o que son creados, a un mellor cumprimento dos obxectivos que se pretendan acadar desde a Presidencia da Xunta de Galicia. O primeiro deles como unidade capaz de levar a cabo os labores de xestión necesarias para unha correcta actuación institucional protocolaria e representativa na crecente actividade interna e externa da nosa comunidade autónoma, e a segunda delas como órgano de apoio directo ó presidente.

Na súa virtude, segundo o disposto no artigo 4 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro, e tendo en conta os criterios de economía e eficacia que deben inspira-la actuación e organización administrativa e as áreas de competencias que, pola súa importancia e natureza, convén que queden adscritas á Presidencia da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de decembro de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo único.-Dependerán funcionalmente da Presidencia da Xunta de Galicia e organicamente da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública os seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral da Presidencia, á que estarán adscritos os seguintes órganos:

1.1. Departamento de Protocolo e Relacións Públicas, con nivel de dirección xeral.

1.2. Gabinete de Apoio, o titular do cal terá rango de director xeral.

2. Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

3. Secretaría Xeral para o Deporte.

4. Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior.

5. Secretaría Xeral de Planificación e Desenvolvemento Comarcal.

6. Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

7. Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior categoría se opoñan ó disposto neste decreto.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezasete de decembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública