Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 17 de decembro de 2001 Páx. 16.070

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

EDICTO.

O Pleno da Corporación, na sesión do día 15 de novembro de 2001, prestou aprobación definitiva ó plan especial de reforma interior do burgo medieval de Vilanova dos Infantes, rexeitando as reclamacións formuladas polos interesados que seguidamente se relacionan, asumindo o informe do equipo redactor, que consta no expediente e que serve de motivación ó acordo:

Nº de reclamación segundo rexistro

de entrada

Reclamante

588Ángel Vázquez Rodríguez

590Ramona Armesto Ferro

591Manuel González Núñez

643M. Carmen Núñez Enríquez

645Rosa Ferro Campos

697Xoán Carlos Fernández Rodríguez

Así mesmo, acéptanse parcialmente, asumindo o informe do equipo redactor, que consta no expediente e que serve de motivación ó acordo, as alegacións formuladas polos seguintes interesados:

Nº de reclamación segundo rexistro

de entrada

Reclamante

288José Blanco Cid

344Delfina e Emilio López Díaz

359José Ferro Araújo

Nº de reclamación segundo rexistro

de entrada

Reclamante

360María Gloria Pérez González

361Luis Santalices Rodríguez

396Ildefonso Santalices Barge

397María Araújo Campos

399Ramona Araújo Fernández

400Benito Ferro Araújo

401Benito e José Ferro Araújo

402María Gloria Pérez González

403Ramona Araújo Fernández

481María Nieves Fernández Argüelles

482Dolores del Río Flores

485Olga María Velo del Río

546José Álvarez Pérez

595Graciela Rodríguez Fernández

608María Gloria Pérez González

610Arturo Piñeiro Nieto

611Luis Piñeiro Nieto

612Adolfo Piñeiro Nieto

613Adolfo Piñeiro Nieto

627Celso Vidal Rodríguez

630Dolores Vispo Núñez

631Dolores Vispo Núñez

1.310Sara Feijóo Soto

1.395Sara Feijóo Soto

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer directamente quen se considere lexitimado, o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do texto íntegro da disposición impugnada no BOP de Ourense, de acordo co establecido nos artigos 10.1º b) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedente, segundo dereito, significando que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Celanova, 16 de novembro de 2001.

O alcalde

Rubricado