Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 17 de decembro de 2001 Páx. 16.053

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/151-2, 5725 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. a tunel As Nogais-Pedrafita.

Situación: As Nogais e Pedrafita do Cebreiro.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con 0,783 m de lonxitude con orixe no P-14 da L.M.T. existente a C.T. O Cebreiro conductor tipo LA-56 e final no P-48 da L.M.T. existente a C.T. Pedrafita.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 23 de outubro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo