Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: avda. de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., R.B.T. Sancovade.
Situación: Samos.
Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV de 271 m de lonxitude con orixe no apoio nº 4 de L.M.T.
O Incio Samos e final en C.T. Teiguín, en conductor R.H.V. L.B.T. de 840 m de lonxitude en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.
Lugo, 23 de outubro de 2001.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo