Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 14 de decembro de 2001 Páx. 15.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2001 pola que se aproba a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso específico, de postos de traballo vacantes nesta corporación.

Mediante resolución da Presidencia do 31 de outubro aprobouse a convocatoria para a provisión polo sistema de concurso específico entre funcionarios dos postos de traballo vacantes nesta deputación (que se especifican no anexo I), e de acordo coas seguintes:

Bases

I. Vacantes.

Convócase concurso específico entre funcionarios para prove-los postos de traballo, actualmente vacantes, que cos requisitos e condicións correspondentes se citan no anexo I.

II. Aspirantes.

1. Poderán concorrer no presente concurso os funcionarios de carreira da Deputación Provincial da Coruña, agás os suspensos en firme, que non poderán participar mentres dure a suspensión, sempre que na data de remate do prazo de presentación das solicitudes transcorresen dous anos desde a toma de posesión no derradeiro posto de traballo obtido mediante concurso ou libre designación, agás dos que foran removidos do seu anterior destino obtido mediante concurso ou libre designación, antes de transcorreren dous anos desde a toma de posesión, ou procedan dun posto de traballo suprimido; e reúnan as condicións xerais esixidas e cos requisitos determinados na convocatoria na data que remate o prazo de presentación de instancias.

2. As solicitudes dirixiranse ó órgano convocante.

3. Os funcionarios con algunha discapacidade poderán instar na propia solicitude de vacantes a adaptación do posto de traballo solicitado, sempre que non supoña unha modificación exorbitante no contexto da organización. A comisión de valoración poderá solicitar do interesado, en entrevista persoal, a información que estime necesaria para a adaptación aducida, así como o dictame dos órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria, e, se fora o caso, da comunidade autónoma correspondente, en canto á procedencia da adaptación e da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións do posto en concreto. Neste suposto, a resolución do concurso producirase logo de recibidos, analizados e avaliados pola comisión de valoración os informes pertinentes.

III. Méritos.

Valoraranse os seguintes méritos:

1. Grao persoal:

a) Por ter consolidado un grao persoal de igual ou superior nivel ó do posto que se solicita: 15 puntos.

b) Por ter consolidado un grao persoal de ata dous niveis inferior ó do posto que se solicita: 13 puntos.

c) Por ter consolidado un grao persoal de ata catro niveis inferior ó do posto que se solicita: 11 puntos.

O funcionario que participe no presente concurso e teña un grao persoal consolidado ou que poida ser consolidado durante o período de presentación de instancias, deberá solicitar do órgano ou unidade a que se refire a base V que a dita circunstancia queda expresamente reflectida no anexo III (certificado de méritos).

2. O traballo desenvolvido valorarase ata un máximo de 30 puntos tendo en conta a natureza das funcións encomendadas e consonte o seguinte:

a) Polo desempeño de postos de traballo en unidades de contido análogo ou similar ó de adscrición do posto de traballo que se solicita na Deputación Provincial da Coruña, con nivel de xefatura: 4 puntos por ano traballado ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 20 puntos.

b) Polo desempeño de postos de traballo en unidades de contido análogo ou similar ó da adscrición do posto de traballo que se solicita na Deputación Provincial da Coruña, sen nivel de xefatura: 2 puntos por ano traballado ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 10 puntos.

c) Polo desempeño de postos de traballo en unidades de contido análogo ou similar ó da adscrición do posto de traballo que se solicita noutras administracións públicas: 1 punto por ano traballado ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 5 puntos.

No caso dos funcionarios procedentes das situacións de excedencia voluntaria en calquera das súas modalidades, excedencia polo coidado de fillos, expectativa de destino, excedencia forzosa, servicios especiais e suspensión de funcións, atenderase ó nivel do último posto que desempeñaban en activo ou, no seu defecto, atribuirase o nivel mínimo correspondente ó grupo en que se clasifique o seu corpo ou escala.

3. Cursos.

* Por cursos relacionados coa actividade que se vai desenvolver impartidos pola Administración pública ou homologados, ata un máximo de 3 puntos:

* De máis de 100 horas: 0,75 puntos.

* De máis de 70 a 100 horas: 0,50 puntos.

* De máis de 40 a 70 horas: 0,45 puntos.

* De máis de 15 a 40 horas: 0,30 puntos.

* De menos de 15 horas: 0,10 puntos.

No suposto de que na acreditación dos cursos non figure o número de horas aplicarase a puntuación mínima.

* Cursos impartidos polo aspirante organizados por Administración pública ou homologados, valoraranse ata un máximo de 2 puntos:

* De máis de 100 horas: 0,75 puntos.

* De máis de 70 a 100 horas: 0,50 puntos.

* De máis de 40 a 70 horas: 0,45 puntos.

* De máis de 15 a 40 horas: 0,30 puntos.

* De menos de 15 horas: 0,10 puntos.

No suposto de que na acreditación dos cursos non figure o número de horas aplicarase a puntuación mínima.

4. A antigüidade valorarase a razón de 1 punto por ano completo de servicio, ata un máximo de 15 puntos. Para estes efectos computaranse tamén os servicios presentados con carácter previo ó ingreso no corpo ou escala, recoñecidos ó abeiro da Lei 70/1978.

Non se computarán para efectos de antigüidade os servicios prestados simultaneamente a outros igualmente alegados.

5. Currículum.

Cada candidato deberá presentar, xunto coa instancia, o currículum vitae, para efectos de valora-los méritos adecuados ó posto de traballo, ata un máximo de 5 puntos.

6. Memoria.

Os aspirantes deberán presentar unha memoria que consistirá nunha análise do posto de traballo, cunha extensión máxima de dez follas en tamaño DIN-A4, mecanografadas a dobre espacio por unha soa cara.

Os aspirantes deberán defendela perante a comisión de valoración cando esta o estime necesario. Valorarase ata un máximo de 15 puntos.

IV. Datos.

Os datos relativos ás circunstancias persoais e administrativas dos concursantes, así como os concernentes ós méritos que se aduzan, terán que acreditarse debidamente e serán os que en efecto correspondan á data de finalización do prazo de presentación de instancias.

V. Documentación.

1. A xustificación das circunstancias persoais e administrativas do concursante, así como a súa situación e antigüidade, efectuaranse mediante certificacións axustadas ó modelo que figura no anexo III, que deberán ser expedidas polo secretario xeral da corporación.

2. Tamén se acreditarán documentalmente, mediante certificado expedido para este efecto, os méritos que os interesados aleguen como determinantes da súa idoneidade.

VI. Solicitudes.

As solicitudes para tomar parte no presente concurso, dirixidas ó presidente da Deputación Provincial da Coruña, e axustadas ó anexo II da presente convocatoria, presentaranse no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral da deputación ou nas oficinas a que se refire o artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Deberán ir acompañadas da memoria e da documentación acreditativa dos méritos alegados polo concursante.

Só se estimarán os méritos e a memoria que resulten debidamente acreditados e que se presenten voluntariamente dentro do prazo sinalado na convocatoria.

VII. Resolución.

1. A valoración dos méritos para adxudica-los postos de traballo vacantes efectuarase nunha comisión composta polos seguintes membros:

Presidente:

* O da Corporación ou deputado no que delegue.

Vocais:

* O xefe do servicio ou superior xerárquico ó que estea adscrito o posto de traballo obxecto do concurso, e no seu defecto, o funcionario que designe o presidente da Corporación.

* O interventor xeral ou secretario xeral, segundo que o posto estea adscrito ou non orgánicamente á area económica.

* Un representante nomeado pola xunta de persoal.

Secretario:

* O xefe do Servicio de Persoal ou quen legalmente o substitúa.

Os membros da comisión deberán pertencer ós grupos de titulación igual ou superior ó esixido para os postos convocados, tendo dereito a percibi-las indemnizacións correspondentes por participación en órganos de selección do persoal, establecidas no Real decreto 236/1988 e demais lexislación complementaria.

A comisión poderá solicitar da autoridade convocante a designación de expertos que en calidade de asesores actuarán con voz pero sen voto.

A comisión elevará á autoridade competente a correspondente proposta para adxudica-lo posto, consonte coas avaliacións, sen prexuízo do que se establece nas alíneas seguintes:

a) A orde principal para adxudica-los postos determinarase pola puntuación obtida, consonte co baremo establecido na base III «Méritos».

b) No caso de empate nas puntuacións acudirase para solucionalo ás outorgadas nos méritos alegados, pola orde establecida na base III.

De persisti-lo empate atenderase ó maior tempo de servicios efectivos prestados en calquera das administracións públicas e, se é o mesmo, á maior idade.

2. O prazo para resolve-lo concurso será de dous meses desde o día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de instancias.

3. O destino adxudicado será irrenunciable, salvo que, con anterioridade á finalización do prazo posesorio, os interesados obteñan outro destino, ben polo procedemento de libre designación ou por concurso, neste caso poderán optar por un dos dous, estando obrigados a comunicar por escrito nos tres días seguintes a opción realizada.

4. Logo de formulada a proposta pola comisión de valoración, o presente concurso será resolto polo presidente da Corporación e publicarase a resolución no Diario Oficial de Galicia.

5. Contra a presente convocatoria poderase interpoñer recurso potestativo de reposición diante da Presidencia da deputación, nos termos e prazos sinalados na Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 31 de outubro de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

ANEXO I

DenominaciónAdscriciónEscalaGrupoNivel

C.D.

C. específico

ptas.

DescriciónMéritos específicos

Xefe secciónServicio de Xestión de PersoalAXA24961.006Propostas de carácter superior, asesoramento xurídico, laboral e realización de actividades de xestión de persoalExperiencia nas funcións do posto de traballo na Administración local

Conductor

Presidencia

Parque móbilAED132.455.908Conductor do presidenteExperiencia nas funcións do posto de traballo na Administración local